mércores, 17 de decembro de 2014

Collage

Neste collage quería representar varios aspectos da miña personalidade a través dalgúns dos meus gustos, como son a costura, a fotografía, a música ... Esta última é a miña maior inspiración para todo, polo que non só é algo que me gusta se non que é parte de min, da miña personalidade... Para facer o traballo non fixen outra cousa mellor que escoitar a psicodelia dos 60 e o punk e garage dos 70, ademáis de algo de rock glam dos 80. Con estes sons fun capaz de expresar con cores o meu pensamento liberal na pintura con acuarela e tinta chinesa do meu rostro. Este, está feito sobre un papel de cebola transparente para simbolizar a miña transparencia, xa que esta estaría encadeada ás miñas ganas de facerme ver e ser, quizais, algo extravagante, para dar a coñecer os meus ideais, os meus gustos, sentimentos, etc. Expoñerme de tal maneira que sexa transparente pero sen deixar ver toda a miña intimidade, ocultando o que non quero que se saiba tras un aspecto chamativo, variante e aleatorio constantemente. Polo que as cores non só simbolizan o pensamento liberal referido aos ideais como sexualidade, rebeldía, denuncia ante prexuízos de calquer tipo, a situación da sociedade mundial ... xa que tamén se inclue o meu aspecto. Ademais, como se pode ver, tras a miña transparencia, está escrito Glory, que proven de Glory and Glam, que naceu a partir do nome dunha canción moi significativa para min. Este nome representa todo o que son e as vivencias que fago baixo el, xa que, podería dicirse, que é o meu nome artístico.  Púxomo unha das persoas mais importantes que pasou pola miña vida e representa dende as miñas debilidades á miña fortaleza, ao igual que as miñas confusións. O que da paso á imaxe que se atopa na parte superior a esta. Estan unidas a través da difuminación da cor azul e uns cosidos que representan os puntos dunha futura cicatriz, que é a miña confusión e que algún día espero aclarar. A confusión representeina coa fusión de dúas fotografías miñas dando a ver unha distorsión de min tanto psicolóxica como física. Véseme agarrándome do cabelo e tapándome a cara, simbolizando que no fondo non quero aceptar moitas realidades que me afectan de tal maneira que doen tanto ata o punto de ser insoportables en ocasións. Representa a miña inseguridade, temperamento e indecisión. A imaxe superior e a inferior do lado dereito encadénanse ao outro lateral do lenzo a través de dúas trenzas de corda de cáñamo. Estas, tamén simbolizan o meu espírito libre, co seu olor tan característico. E enredan o lado do pensamento co lado do físico, que da como resultado a miña expresión corporal, que abarca dende a miña forma de actuar en determinadas situacións, como deixarme levar polo instinto ou a intuición e expresar os meus pensamentos cunha maneira física, corporal en moitos aspectos. E por último, os cachiños de cinta métrica representan o meu número favorito, o que marca o punto de partida a todo o que son agora e que representei no traballo, dende o meu nacemento un día 18.

 
(Decidín cambiar o pelo polas trenzas xa que esteticamente resulta mais agradable, e adoro o olor da corda de cáñamo)

domingo, 16 de novembro de 2014

Tradición '' OS DOUS DE SEMPRE ''

A través dun primeiro tema, o de traballar cunha tradición ou un tema cultural que nos represente, decidín crear un deseño para unha camiseta facendo referencia a un dos meus libros favoritos cos dous personaxes que o protagonizan e unha queixa revolucionaria coa que Castelao pon fin ao libro.
Este deseño ten por nome '' Os dous de sempre '' ao igual que o libro, e está ideado para decorar unha camiseta branca. Aínda que podería decorar mesmo carpetas ou calquera outra cousa, iso si sempre sobre un fondo branco.

xoves, 30 de outubro de 2014

Foto de medo

Tras mooitos intentos, este foi o resultado:
 

Nela aparece Vanesa, unha moi boa amiga miña e, como xa é sabido, a miña musa. Nesta foto intentei dar medo, aínda que non o logrei moito. Quixen dar unha aparencia animal, de lobismuller, cunha mirada ensanguentada e húmida.

venres, 3 de outubro de 2014

Contrabaixo (Tipograma)

Decidín crear un contrabaixo con esta tipografía porque un dos meus xéneros musicais favoritos é o jazz. Ecollín estes tipos de letra por estética, xa que dan a ver perfectamente que instrumento musical é.