Neste collage quería representar varios aspectos da miña personalidade a través dalgúns dos meus gustos, como son a costura, a fotografía, a música ... Esta última é a miña maior inspiración para todo, polo que non só é algo que me gusta se non que é parte de min, da miña personalidade... Para facer o traballo non fixen outra cousa mellor que escoitar a psicodelia dos 60 e o punk e garage dos 70, ademáis de algo de rock glam dos 80. Con estes sons fun capaz de expresar con cores o meu pensamento liberal na pintura con acuarela e tinta chinesa do meu rostro. Este, está feito sobre un papel de cebola transparente para simbolizar a miña transparencia, xa que esta estaría encadeada ás miñas ganas de facerme ver e ser, quizais, algo extravagante, para dar a coñecer os meus ideais, os meus gustos, sentimentos, etc. Expoñerme de tal maneira que sexa transparente pero sen deixar ver toda a miña intimidade, ocultando o que non quero que se saiba tras un aspecto chamativo, variante e aleatorio constantemente. Polo que as cores non só simbolizan o pensamento liberal referido aos ideais como sexualidade, rebeldía, denuncia ante prexuízos de calquer tipo, a situación da sociedade mundial ... xa que tamén se inclue o meu aspecto. Ademais, como se pode ver, tras a miña transparencia, está escrito Glory, que proven de Glory and Glam, que naceu a partir do nome dunha canción moi significativa para min. Este nome representa todo o que son e as vivencias que fago baixo el, xa que, podería dicirse, que é o meu nome artístico. Púxomo unha das persoas mais importantes que pasou pola miña vida e representa dende as miñas debilidades á miña fortaleza, ao igual que as miñas confusións. O que da paso á imaxe que se atopa na parte superior a esta. Estan unidas a través da difuminación da cor azul e uns cosidos que representan os puntos dunha futura cicatriz, que é a miña confusión e que algún día espero aclarar. A confusión representeina coa fusión de dúas fotografías miñas dando a ver unha distorsión de min tanto psicolóxica como física. Véseme agarrándome do cabelo e tapándome a cara, simbolizando que no fondo non quero aceptar moitas realidades que me afectan de tal maneira que doen tanto ata o punto de ser insoportables en ocasións. Representa a miña inseguridade, temperamento e indecisión. A imaxe superior e a inferior do lado dereito encadénanse ao outro lateral do lenzo a través de dúas trenzas de corda de cáñamo. Estas, tamén simbolizan o meu espírito libre, co seu olor tan característico. E enredan o lado do pensamento co lado do físico, que da como resultado a miña expresión corporal, que abarca dende a miña forma de actuar en determinadas situacións, como deixarme levar polo instinto ou a intuición e expresar os meus pensamentos cunha maneira física, corporal en moitos aspectos. E por último, os cachiños de cinta métrica representan o meu número favorito, o que marca o punto de partida a todo o que son agora e que representei no traballo, dende o meu nacemento un día 18.
(Decidín cambiar o pelo polas trenzas xa que esteticamente resulta mais agradable, e adoro o olor da corda de cáñamo)