martes, 24 de marzo de 2015

Caixa dunha lámpada

 
Finalmente conseguín realizar o exercicio, aínda que non fun capaz de rematalo a tempo aínda dedicandolle o suficiente como para poder rematalo, posto que falta implimila e montala para sacarlle as fotos dende distintas perpectivas.
Esta é unha caixa simple e práctica. Contén no seu inerior unha lampada halóxena que permite un 30% de aforro de enexia, etc.
Escollin esta cor verde posto que é unha bombilla que nos permite aforrar enerxía.
Inspireime nunha caixa que atopei no fondo dun caixón do moble da sala da miña casa, posto que tras moitos, moitos e moitos intentos vinme obligada e recurrir ao que fose, aínda que o meu propósito era traballar cunha lámpada de baixo consumo.
Con todo o deseño da caixa é propio compleamente. Tratei de escoller cores chamativas ao ollo para  que sexa atractivo para a sua compra.
 
 
 
Estas sería o resultdo final da caixa visto dende distintos ángulos:
 





 
 

martes, 17 de marzo de 2015

Analise dunha páxina web

Vivimos tempos nos que é impensable un mundo sen internet. É  a maneira mais cómoda e fácil de chegar a xente de todos os lugares do globo. É a nosa conexión máis directa coa información mundial. Dende xornais a empresas comerciais, como redes socias, etc., utilizan este método para chegar a nos dunha maneira plena con todos os datos necesarios que queiramos saber sobre eles.

Mais, non só son empresas, tendas, comunicación, etc., os que utilizan internet para chegar a nos. As organizacións ou plataformas de defensa animal, como da que vou a falar neste caso: No a la violencia, tamén utilizan a rede como sistema de comunicación. Trátase dunha páxina web que pertence a Asociación Animalista Vox Ánima. Con ela queren dar a coñecer o seu propósito como organización, que é erradicar coa tauromáquica como principal propósito aínda que tamén loitan contra a o maltrato aos animais en xeneral.

Esta entrada dedicareina a dar unha crítica propia sobre esta páxina.
De primeiras a paxina é extraordinaria polos fins que ten. En canto o deseño gústame xa que é impactante. Pero quizais demasiado impactante, xa que ao entrar o primeiro que se ve son unhas fotografías, que sí, son a crúa realidade, e é necesario velas para concienciar á xente. Posto que nelas vese de maneira moi explícita o sufrimento dos animais. Mais quizais situalas un pouco mais abaixo na paxina seria unha boa solución. E no lugar delas colocaría o logotipo da paxina. O cal no lugar en que se atopa pasa moi desapercibido e a verdade é que nese lugar desvalorizase moito, xa que este reflexa perfectamente o que nos queren transmitir.
As cores do logotipo están moi acertadas pois vese perfectamente que o negro representa ós animais e o encarnado simboliza a violencia que estes sofren. Gústame tamén que haxa unha conexión entre as cores do logotipo e a páxina xa que esta respetao utilizando estas cores. Ademais  o logo é moi fácil de recordar polo que si estivese nun lugar mellor a páxina recoñeceríase máis.
Outra cousa que  me gusta é o deseño da colocación de ''No a la Violencia'' xa que me parece enxeñoso que a conexión de NO e VIOLENCIA estean encaixadas nas letras v - i - o  da palabra violencia. Como resultado fai que non perdan a atención estas dúas palabras que son as mais importantes do nome).
(este é o logotipo da páxina, peresenta a silueta do toro e a cores xa explicadas simbolizan á perfeccíon o que nos trata de transmitir con el.)

En canto á sección de descargas paréceme que o deseño que se escolleu foi moi pouco acertado, xa que o símbolo utilizado sobre o que clicar para acceder á descarga, é algo nada traballado e penso que podían poñer unha miniatura do cartel que se lle ofrece aos visitantes da páxina a descargar, por exemplo.

Gústame tamén que a páxina teña un menú co que guiarte e que sexa mais sinxelo poder utilizala.
Outra cousa  que me gusta é que nun smartphone poidas velo cunha perspectiva especial para este e non velo de xeito en que o vemos na pantalla do ordenador. Desta maneira aforrámonos xogar a co zoom, o cal seria incomodo e lioso.

A tipografía escollida para a páxina é moi acertada. Atrae á mirada e é impactante e seria. Esta varia en tamaños por toda a páxina, de acordo co que se intente destacar.

Houbo unha cousa que  chamou moito a miña atención é que dende o meu punto de vista aporta unha calideda de alta á paxina facéndoa mais atractiva e profesional, que é a sección que lle dedican ás testemuñas de algunhas figuras famosas como por exemplo a actriz Alicia Silverstone,  o escritor John M. Coetzee ou o comediante Richard Claxton  mais coñecido como “Dick” Gregory.
Quizais utilizar a personaxes coñecidos axude a reforzar o seu propósito e concienciar á sociedade.

En cambio hai unha cousa moi molesta á vista: é o título que se atopa sobre as imaxes do comezo da páxina (o que esta remarcado cun fondo branco). Este é demasiado grande, está demasiado estendido ao longo da foto, o que provoca que coste lelo.

En canto á sección de noticias, non hai pega. Está moi ben presentada e preparada.

Hai un pequeno detalle que aínda que o chame pequeno, é moi importante: a posibilidade de cambiar o idioma da páxina. Atopase xusto baixo o menú da páxina. Isto permitirá a persoas de todo o mundo acceder á páxina e participar no movemento.

 
En conclusión, a páxina é moi practica á hora de utilizala, e aínda que hai uns pequenos detalles que se poderían mellorar, ten un bo deseño e está ben disposta.

Espero que a miña opinión sexa de axuda.

domingo, 15 de marzo de 2015

Deseño de produto ( CD de Patti Smith)

Tras moitos intentos de deseños de CD de distintos artistas, acabei facendo un deseño do famoso, mítico e gran Horses de Patti Smith.
Para facelo utilicei dúas das fotos mais coñecidas dela, e editeinas de tal maneira que a portada e a contraportada foran un contraste de claro-escuro (escura portada con nomes brancos e contraportada clara con nomes e información en negro) co fin de transmitir a elegancia á vez que liberdade de expresión. Na primeira fotografía vese á compositora completamente espida mentres que na segunda cunha saba branca, aínda que non deixa de estar denuda, polo que hai unha conexión entre portada de contraportada.
O deseño transmite elegancia á vez que rebeldía, paixón, liberdade á través do seu corpo espido.
A foto orixinal que utilicei para a contraportada presentaba a mirada penetrante da artista, pero decidín quitala xa que atraería a atención dunha forma moi forte posto que é impresionante, e o resultado final sería moi recargado pois a contraportada está chea de información.
Ambas partes están cubertas por unha dina capa que ilumina a fotografía, na portada dalle unha luz mais clara e na contraportada reduce levemente o contraste.
 
 
 


 
 
Este é o verdadeiro deseño do CD de Horses de Patti Smith:
 

 

xoves, 12 de marzo de 2015

Olimpiadas (exame sorpresa)

Este logotipo para as olimpiadas de Madrid 2024 está inspirado a nivel de España e non concretando na cidade de Madrid. Inspireime nun tipico animal ibérico: o lince.
O que representa a destreza, a axilidade ou a agudeza dos deportistas. Este está formado por dous contornos: un negro e outro vermello. Este último repesesenta a paixón coa que os deportistas loitan en esforzo por gañar.
A tipografía escollina pola elegancia que transmite.

mércores, 11 de marzo de 2015

PACKAGING.

Para realizar este traballo utilicei moito tempo. Ocorréronseme ideas orixinais, pero que por non saber repartir o pouco tempo que teño, non puiden levar a cabo.
Esta caixa, é o envoltorio dunha barra de labios. Unha barra de labios púrpura. E por que púrpura? Pola canción Purple Haze de Jimi Hendrix. Como xa se sabe, son unha amante da psicodelia, e como adoro tamén a miña barra de labios lila, pois fágolle unha homenaxe, xa que é a que mais uso e a miña favorita. Tanto, que mesmo a súa cor volveuse un pouco mais rosada pola calor de levala sempre no peto.
Utilicei o meu nome artístico, o cal expliquei a súa orixe na descrición do collage, como nome da marca de cosmética. Unha barra de labios ten uns ingredientes especifícos, mais non os coñezo, nin os quero saber, xa que ás veces prefiro quedar na ignorancia a saber o que me estou tragando de forma pasiva, xa que seguramente deixarira de pintarme os beizos cousa que me gusta facer a miúdo. Mais os ingredientes deste pinta labios son completamente naturais, e non foi probado en animais. Foi probado en persoas que decidiron ceder o seu corpo á experimentación científica.
O número 67, é o número da tonalidade da cor dentro da gama de barra de labios glory and glam. Este número tamén esta representando a psicodelia e a cor da barra, xa que foi o 18 de xuño de 1967 cando Hendrix no Monterey Pop Festival fixo arder a súa guitarra, e exactamente 30 anos maís tarde nacía eu. Coincidencia? Non o creo... Cadran os números demasiado exactos para que o fose. (Reencarnacíon da súa guitarra eu? Quen sabe...).
O deseño co que decorei a caixa saíu sen querer, non foi intencionado, é dicir: equivoqueime ao utilizar o programa e en vez de pintar de gris os triángulos que forman a caixa, comezouse a superpoñer un triángulo un por por riba do anterior e cada vez mais pequenos. Pero gustoume mais que a primeira idea ca que ía decorar a caixa e quedou así xa que respondía mais á idea de psicodelia que a outra idea. A forma da caixa e case un diamante, ou unha pedra pulida con forma de diamante, a verdade é que a pedra preciosa que sexa é o de menos, porque o que intento transmitir é que con este glory and glam, psicodelic te sintas unha pedra preciosa, duradeira, dura , forte, irrompible, fermosa eternamente, ademais de rockera, independente, atolada, desenfreada, única... unha verdadeira alma libre.

Este seria o plano da caixa.
E estas fotos son a caixa en físico xa montada dende diferentes perspectivas:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

mércores, 17 de decembro de 2014

Collage

Neste collage quería representar varios aspectos da miña personalidade a través dalgúns dos meus gustos, como son a costura, a fotografía, a música ... Esta última é a miña maior inspiración para todo, polo que non só é algo que me gusta se non que é parte de min, da miña personalidade... Para facer o traballo non fixen outra cousa mellor que escoitar a psicodelia dos 60 e o punk e garage dos 70, ademáis de algo de rock glam dos 80. Con estes sons fun capaz de expresar con cores o meu pensamento liberal na pintura con acuarela e tinta chinesa do meu rostro. Este, está feito sobre un papel de cebola transparente para simbolizar a miña transparencia, xa que esta estaría encadeada ás miñas ganas de facerme ver e ser, quizais, algo extravagante, para dar a coñecer os meus ideais, os meus gustos, sentimentos, etc. Expoñerme de tal maneira que sexa transparente pero sen deixar ver toda a miña intimidade, ocultando o que non quero que se saiba tras un aspecto chamativo, variante e aleatorio constantemente. Polo que as cores non só simbolizan o pensamento liberal referido aos ideais como sexualidade, rebeldía, denuncia ante prexuízos de calquer tipo, a situación da sociedade mundial ... xa que tamén se inclue o meu aspecto. Ademais, como se pode ver, tras a miña transparencia, está escrito Glory, que proven de Glory and Glam, que naceu a partir do nome dunha canción moi significativa para min. Este nome representa todo o que son e as vivencias que fago baixo el, xa que, podería dicirse, que é o meu nome artístico.  Púxomo unha das persoas mais importantes que pasou pola miña vida e representa dende as miñas debilidades á miña fortaleza, ao igual que as miñas confusións. O que da paso á imaxe que se atopa na parte superior a esta. Estan unidas a través da difuminación da cor azul e uns cosidos que representan os puntos dunha futura cicatriz, que é a miña confusión e que algún día espero aclarar. A confusión representeina coa fusión de dúas fotografías miñas dando a ver unha distorsión de min tanto psicolóxica como física. Véseme agarrándome do cabelo e tapándome a cara, simbolizando que no fondo non quero aceptar moitas realidades que me afectan de tal maneira que doen tanto ata o punto de ser insoportables en ocasións. Representa a miña inseguridade, temperamento e indecisión. A imaxe superior e a inferior do lado dereito encadénanse ao outro lateral do lenzo a través de dúas trenzas de corda de cáñamo. Estas, tamén simbolizan o meu espírito libre, co seu olor tan característico. E enredan o lado do pensamento co lado do físico, que da como resultado a miña expresión corporal, que abarca dende a miña forma de actuar en determinadas situacións, como deixarme levar polo instinto ou a intuición e expresar os meus pensamentos cunha maneira física, corporal en moitos aspectos. E por último, os cachiños de cinta métrica representan o meu número favorito, o que marca o punto de partida a todo o que son agora e que representei no traballo, dende o meu nacemento un día 18.

 
(Decidín cambiar o pelo polas trenzas xa que esteticamente resulta mais agradable, e adoro o olor da corda de cáñamo)

domingo, 16 de novembro de 2014

Tradición '' OS DOUS DE SEMPRE ''

A través dun primeiro tema, o de traballar cunha tradición ou un tema cultural que nos represente, decidín crear un deseño para unha camiseta facendo referencia a un dos meus libros favoritos cos dous personaxes que o protagonizan e unha queixa revolucionaria coa que Castelao pon fin ao libro.
Este deseño ten por nome '' Os dous de sempre '' ao igual que o libro, e está ideado para decorar unha camiseta branca. Aínda que podería decorar mesmo carpetas ou calquera outra cousa, iso si sempre sobre un fondo branco.