domingo, 15 de marzo de 2015

Deseño de produto ( CD de Patti Smith)

Tras moitos intentos de deseños de CD de distintos artistas, acabei facendo un deseño do famoso, mítico e gran Horses de Patti Smith.
Para facelo utilicei dúas das fotos mais coñecidas dela, e editeinas de tal maneira que a portada e a contraportada foran un contraste de claro-escuro (escura portada con nomes brancos e contraportada clara con nomes e información en negro) co fin de transmitir a elegancia á vez que liberdade de expresión. Na primeira fotografía vese á compositora completamente espida mentres que na segunda cunha saba branca, aínda que non deixa de estar denuda, polo que hai unha conexión entre portada de contraportada.
O deseño transmite elegancia á vez que rebeldía, paixón, liberdade á través do seu corpo espido.
A foto orixinal que utilicei para a contraportada presentaba a mirada penetrante da artista, pero decidín quitala xa que atraería a atención dunha forma moi forte posto que é impresionante, e o resultado final sería moi recargado pois a contraportada está chea de información.
Ambas partes están cubertas por unha dina capa que ilumina a fotografía, na portada dalle unha luz mais clara e na contraportada reduce levemente o contraste.
 
 
 


 
 
Este é o verdadeiro deseño do CD de Horses de Patti Smith:
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario