Esta caixa, é o envoltorio dunha barra de labios. Unha barra de labios púrpura. E por que púrpura? Pola canción Purple Haze de Jimi Hendrix. Como xa se sabe, son unha amante da psicodelia, e como adoro tamén a miña barra de labios lila, pois fágolle unha homenaxe, xa que é a que mais uso e a miña favorita. Tanto, que mesmo a súa cor volveuse un pouco mais rosada pola calor de levala sempre no peto.
Utilicei o meu nome artístico, o cal expliquei a súa orixe na descrición do collage, como nome da marca de cosmética. Unha barra de labios ten uns ingredientes especifícos, mais non os coñezo, nin os quero saber, xa que ás veces prefiro quedar na ignorancia a saber o que me estou tragando de forma pasiva, xa que seguramente deixarira de pintarme os beizos cousa que me gusta facer a miúdo. Mais os ingredientes deste pinta labios son completamente naturais, e non foi probado en animais. Foi probado en persoas que decidiron ceder o seu corpo á experimentación científica.
O número 67, é o número da tonalidade da cor dentro da gama de barra de labios glory and glam. Este número tamén esta representando a psicodelia e a cor da barra, xa que foi o 18 de xuño de 1967 cando Hendrix no Monterey Pop Festival fixo arder a súa guitarra, e exactamente 30 anos maís tarde nacía eu. Coincidencia? Non o creo... Cadran os números demasiado exactos para que o fose. (Reencarnacíon da súa guitarra eu? Quen sabe...).
O deseño co que decorei a caixa saíu sen querer, non foi intencionado, é dicir: equivoqueime ao utilizar o programa e en vez de pintar de gris os triángulos que forman a caixa, comezouse a superpoñer un triángulo un por por riba do anterior e cada vez mais pequenos. Pero gustoume mais que a primeira idea ca que ía decorar a caixa e quedou así xa que respondía mais á idea de psicodelia que a outra idea. A forma da caixa e case un diamante, ou unha pedra pulida con forma de diamante, a verdade é que a pedra preciosa que sexa é o de menos, porque o que intento transmitir é que con este glory and glam, psicodelic te sintas unha pedra preciosa, duradeira, dura , forte, irrompible, fermosa eternamente, ademais de rockera, independente, atolada, desenfreada, única... unha verdadeira alma libre.
Este seria o plano da caixa.
E estas fotos son a caixa en físico xa montada dende diferentes perspectivas:






Ningún comentario:
Publicar un comentario