Vivimos tempos nos que é impensable un mundo sen internet. É a maneira mais cómoda e fácil de chegar a xente de todos os lugares do globo. É a nosa conexión máis directa coa información mundial. Dende xornais a empresas comerciais, como redes socias, etc., utilizan este método para chegar a nos dunha maneira plena con todos os datos necesarios que queiramos saber sobre eles.
Mais, non só son empresas, tendas, comunicación, etc., os que utilizan internet para chegar a nos. As organizacións ou plataformas de defensa animal, como da que vou a falar neste caso:
No a la violencia, tamén utilizan a rede como sistema de comunicación. Trátase dunha páxina web que pertence a
Asociación Animalista Vox Ánima. Con ela queren dar a coñecer o seu propósito como organización, que é erradicar coa tauromáquica como principal propósito aínda que tamén loitan contra a o maltrato aos animais en xeneral.
Esta entrada dedicareina a dar unha crítica propia sobre esta páxina.
De primeiras a paxina é extraordinaria polos fins que ten. En canto o deseño gústame xa que é impactante. Pero quizais demasiado impactante, xa que ao entrar o primeiro que se ve son unhas fotografías, que sí, son a crúa realidade, e é necesario velas para concienciar á xente. Posto que nelas vese de maneira moi explícita o sufrimento dos animais. Mais quizais situalas un pouco mais abaixo na paxina seria unha boa solución. E no lugar delas colocaría o logotipo da paxina. O cal no lugar en que se atopa pasa moi desapercibido e a verdade é que nese lugar desvalorizase moito, xa que este reflexa perfectamente o que nos queren transmitir.
As cores do logotipo están moi acertadas pois vese perfectamente que o negro representa ós animais e o encarnado simboliza a violencia que estes sofren. Gústame tamén que haxa unha conexión entre as cores do logotipo e a páxina xa que esta respetao utilizando estas cores. Ademais o logo é moi fácil de recordar polo que si estivese nun lugar mellor a páxina recoñeceríase máis.
Outra cousa que me gusta é o deseño da colocación de ''No a la Violencia'' xa que me parece enxeñoso que a conexión de NO e VIOLENCIA estean encaixadas nas letras
v - i - o da palabra violencia. Como resultado fai que non perdan a atención estas dúas palabras que son as mais importantes do nome).
(este é o logotipo da páxina, peresenta a silueta do toro e a cores xa explicadas simbolizan á perfeccíon o que nos trata de transmitir con el.)
En canto á sección de descargas paréceme que o deseño que se escolleu foi moi pouco acertado, xa que o símbolo utilizado sobre o que clicar para acceder á descarga, é algo nada traballado e penso que podían poñer unha miniatura do cartel que se lle ofrece aos visitantes da páxina a descargar, por exemplo.
Gústame tamén que a páxina teña un menú co que guiarte e que sexa mais sinxelo poder utilizala.
Outra cousa que me gusta é que nun smartphone poidas velo cunha perspectiva especial para este e non velo de xeito en que o vemos na pantalla do ordenador. Desta maneira aforrámonos xogar a co zoom, o cal seria incomodo e lioso.
A tipografía escollida para a páxina é moi acertada. Atrae á mirada e é impactante e seria. Esta varia en tamaños por toda a páxina, de acordo co que se intente destacar.
Houbo unha cousa que chamou moito a miña atención é que dende o meu punto de vista aporta unha calideda de alta á paxina facéndoa mais atractiva e profesional, que é a sección que lle dedican ás testemuñas de algunhas figuras famosas como por exemplo a actriz
Alicia Silverstone, o escritor
John M. Coetzee ou o comediante
Richard Claxton mais coñecido como
“Dick” Gregory.
Quizais utilizar a personaxes coñecidos axude a reforzar o seu propósito e concienciar á sociedade.
En cambio hai unha cousa moi molesta á vista: é o título que se atopa sobre as imaxes do comezo da páxina (o que esta remarcado cun fondo branco). Este é demasiado grande, está demasiado estendido ao longo da foto, o que provoca que coste lelo.
En canto á sección de noticias, non hai pega. Está moi ben presentada e preparada.
Hai un pequeno detalle que aínda que o chame pequeno, é moi importante: a posibilidade de cambiar o idioma da páxina. Atopase xusto baixo o menú da páxina. Isto permitirá a persoas de todo o mundo acceder á páxina e participar no movemento.
En conclusión, a páxina é moi practica á hora de utilizala, e aínda que hai uns pequenos detalles que se poderían mellorar, ten un bo deseño e está ben disposta.
Espero que a miña opinión sexa de axuda.